Panasonic lanza ó mercado unha alfombra eléctrica ecolóxica
xoves, 30 de agosto do 2007
A coñecida firma nipona Panasonic xa non só se
dedica a fabricar gadgets polos que
devecen os seareiros da tecnoloxía e a música, senón que agora tamén preocúpase
porque non pasemos friaxe na casa e de paso aforremos un aquel de
electricidade. É por isto que no seu catálogo de bens profesionais e de lecer
figura xa a primeira alfombra eléctrica calefaccionada
do mercado, que tería potencia abonda para quecer a nosa sala sen
necesidade de mercar un calefactor ou acender a calefacción central.
A temperatura da alfombra é regulable e pode acadar os 46° graos, e segundo o artigo que fala do invento, a firma ofrecerá unha ampla gama de materias para que faga “xogo” con todas as salas, e ten como proxecto para o futuro incluír versións en madeira para seren colocadas directamente no chan. Cómpre dicir que todos os compoñentes do sistema son garantidos como resistentes á auga, e que as fibras das alfombras poden desprenderse de xeito doado das manchas e son cen por cen lavables.