PlayStation Plus inicia unha suba de prezos
luns, 18 de maio do 2026
No actual escenario de subas de prezo no mercado dos videoxogos sorprende pouco que Sony anuncie un cambio nas condicións do servizo PlayStation Plus, que a partir do mércores mudará subirá de prezo para novos subscritores, de xeito que a súa cota mensual pasará a custar un mÃnimo de 9,99 euros, mentres que a subscrición trimestral máis económica custará 27,99 euros. Cómpre salientar que, polo momento, os actuais subscritores non están suxeitos ao cambio de prezo.
Sorprende bastante o anuncio realizado con tan pouca antelación aducindo as condicións do mercado actuais (argumento que no ámbito dos videoxogos viña empregándose para o hardware, non para os servizos), aÃnda que tamén cómpre indicar que a suba é moderada (1 euro ao mes).
Un motivo que poderÃa xustificar o momento do cambio de condicións de PlayStation Plus serÃa que é medio ano antes do lanzamento de Grand Theft Auto VI, forzando a que os xogadores do que promete ser o tÃtulo máis importante do ano estean afectados polo novo marco de prezos.
