PolÃtica LingüÃstica convoca cursos en liña para preparar o Celga 1
mércores, 2 de marzo do 2011
A SecretarÃa Xeral de
PolÃtica LingüÃstica vén
de convocar os cursos en liña para preparar as probas de Certificación de
lingua galega no nivel Celga 1. Trátase dun total de tres cursos con 50
prazas cada un que se realizarán durante 10 semanas, desde o 4 de abril ata o
15 de xuño.
O prazo de inscrición
para os cursos, que son voluntarios e gratuÃtos, está aberto ata o vindeiro dÃa
20. Os interesados en matricularse deberán enviar un correo electrónico no que
figuren o seu nome e apelidos, o DNI, o enderezo electrónico e teléfono de
contacto, o lugar de residencia e o nivel de estudos. A selección realizarase
por rigorosa orde de matrÃcula e ata cubrir as 150 persoas que se admitirán nos
cursos.
Estes tres cursos en
liña insÃrense no marco da oferta de formación en lingua galega da SecretarÃa
Xeral de PolÃtica LingüÃstica para o 2011, na que se inclúen 140 cursos
preparatorios para as probas dos niveis Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4,
que se realizarán entre os meses de marzo, abril e maio.
Ademais dos cursos
Celga, a SecretarÃa Xeral de PolÃtica LingüÃstica ten previsto realizar en 2011
máis de 50 cursos para a formación especÃfica en galego dos profesionais aos
servizo das distintas administracións. Entre eles atópanse os primeiros cursos
en liña que a Xunta de Galicia ofrece para os empregados públicos: 13 para a
Administración autonómica, 5 para a Administración local e 4 para a
Administración de xustiza.
A formación en liña
constitúe unha aposta decidida do departamento que dirixe Anxo Lorenzo xa que,
por unha banda, lle dá máis facilidades á poboación adulta que quere mellorar a
súa competencia en galego e, por outra, aplica as vantaxes das tecnoloxÃas da
información e da comunicación á aprendizaxe do idioma.
