R incrementa en Caldas a cifra de fogares e empresas conectadas á súa fibra
venres, 27 de agosto do 2021
R
fixo balance dos seus últimos traballos de despregue no concello
pontevedrés de Caldas de Reis. Segundo fixo saber, este municipio
conta dende o mes pasado con 81 novos fogares e negocios conectados
ás redes avanzadas de R, concretamente pertencentes ao núcleo de
Barreiros. Grazas a esta conexión, as empresas e domicilios ponde
gozar xa das principais vantaxes que pon en xogo a fibra FTTH (Fiber
To The Home) de R, entre as que se contan os accesos
ultrarrápidos a Internet de ata 500 Mbps simétricos.
Coma
noutros traballos análogos da operadora, fÃxose un esforzo especial
en aproveitar a infraestrutura existente para o subministro de fibra.
A previsión é a de ter 325 novos inmóbeis conectados ao peche de
2021.
Esta
cifra sumarase aos fogares e empresas incorporados á rede de R nos
tres últimos anos, 2.123 unidades en Caldas. En conclusión, o
concello pontevedrés poderá comezar 2022 con 2.448 inmóbeis (325
do Plan Avanza e o resto, de despregaduras a maiores do plan)
preparados para recibir todos os servizos avanzados de
telecomunicacións de R.
A
última despregadura en Caldas, no núcleo de Barreiros, inclúese no
proxecto destinado á extensión de redes de nova xeración en 162
núcleos do centro-oeste de Galicia (norte de Pontevedra, sur da
Coruña e oeste de Lugo). O investimento total neste caso é de
3,58M€.
