Shadow of the Tomb Raider chegará a Game Pass a semana que vén
martes, 2 de abril do 2024
Os xogos que preparan a súa chegada ao Game Pass nos vindeiros dÃas son bastante variados e pouco relevantes, cunha especial excepción, xa que o dÃa 11 incorpórase ao catálogo de xogos para os subscritores do servizo de Microsoft a edición definitiva de Shadow of the Tomb Raider nas súas versións para consola, PC e nube.
Estamos ante o capÃtulo final do reinicio das aventuras de Lara Croft, que conseguiu devolver á actualidade a esta figura tan importante no sector dos videoxogos, definindo unha versión máis acorde aos tempos actuais, principalmente evitando a súa esaxerada sexualización.
Tamén volve ao Game Pass o xogo Superhot: Mind Control Delete e chegan o xogo de condución de mundo aberto LEGO 2K Drive (o dÃa 3), Lil Gator Game (o dÃa 4), EA Sports PGA Tour (que a través de EA Play estará dispoñible a partir do dÃa 4), o galardoado xogo de misterio Kona (o dÃa 9), o curioso xogo de quebracabezas de botánicos (que se estrea directamente en Game Pass o dÃa 9) e o xogo narrativo Harold Halibut (que tamén se estrea directamente en Game Pass, aÃnda que desta volta o dÃa 16).