Sony propón pulseiras smart para reloxos ordinarios
venres, 2 de outubro do 2020
CompañÃas como Kairos, Montblanc ou Wearatec
teñen proposto accesorios para a correa de reloxos que os dotan de caracterÃsticas
propias dun smartwatch, e agora temos a Sony apuntando
tamén nesta mesma dirección coa Sony Wena 3 Smart Band, que ten o formato
de correa de reloxo tradicional, de xeito que permite gozar de prestacións smart
con case calquera reloxo de pulso, por contar cun enganche estándar.
AÃnda que Sony permitirá a compra destas correas cunha serie de caixas, o
elemento importante é a correa, na que temos unha pantalla táctil con deseño
curvo, que integra tamén acelerómetro e pulsÃmetro, para poder funcionar como
unha pulseira de monitorización de actividade, que parte dun prezo de 24.000 iens
(195 euros), mudando os prezos en función dos materiais e deseños das correas,
que estarán dispoñibles en silicona, coiro e metal.
Este curioso accesorio permite recibir notificacións do móbil, medir os pasos
que damos, monitorizar a novas frecuencia cardÃaca, controlar o sono e, como
factor diferencial, tamén integra micrófono para poder dar ordes a través do
asistente de voz Alexa, o que pode resultar práctico para consultar as
condicións meteorolóxicas mediante a voz ou incluso controlar a nosa domótica
dun xeito cómodo.