Steam abre a todos os seus usuarios o Préstamo Familiar

luns, 3 de marzo do 2014 Marcus Fernández

O pasado mes de setembro a plataforma Steam comezou a experimentar cunha nova funcionalidade que supón un decidido avance para os contidos puramente dixitais do futuro e do que agora podemos gozar todos os usuarios, o Préstamo Familiar de Steam, que permite que os xogos da nosa biblioteca non poidan compartirse só con outras persoas que accedan ao noso equipo, senón tamén con familiares dende outros equipos que poden autorizarse para que poidan descargar e xogar os títulos que teñamos adquirido mentres non estean en uso.
Esta nova funcionalidade precisa de conexión á Internet para funcionar, non permite que dous usuarios á vez fagan uso do mesmo xogo (primando sempre ao comprador orixinal) e parece unha solución intelixente para trasladar os nosos hábitos do mundo físico (emprestar xogos a amigos e familiares) ao cada vez máis habitual contorno dixital.

PUBLICIDADE