Tencent fai unha oferta de compra por Sumo Digital
luns, 19 de xullo do 2021
A desenvolvedora de videoxogos británica Sumo Digital, responsalbe de tÃtulos
como OutRun 2, Sonic & SEGA All Stars Racing, LittleBigPlanet
3, Forza Horizon 2 ou Crackdown 3, vén de recibir unha oferta
de compra por parte do xigante chinés Tencent, que estarÃa
disposta a pagar 1.270 millóns de dólares por Sumo, converténdose na segunda
grande compra do sector no Reino Unido tras a compra de Codemasters por Electronic
Arts por 1.200 millóns de dólares.
Actualmente Tencent é a segunda compañÃa de videoxogos a nivel mundial, só por
detrás de Sony, con participación en compañÃas como Epic Games (creadores de Fortnite),
Supercell (responsables de éxitos como Clash of Clans e Clash Royale)
ou Riot Games (creadores de League of Legends e Valorant), e
probablemente está a espallarse internacionalmente ante as dificultades que os
reguladores chineses poñen á concentración de negocios do sector dos videoxogos
(veñen
de bloquear a fusión dos servizos de streaming orientado aos videoxogos Huya e
DouYu).