Un centenar de pemes beneficiaranse dos programas de transformación que achega a Cámara da Coruña
venres, 23 de outubro do 2020
Até
cen empresas van participar nos
programas de transformación tecnolóxica impulsados dende a Cámara
de Comercio da Coruña, que son InnoCámaras, Competitividade
TurÃstica, TICCámaras, Ciberseguridade e Apoio ao Comercio
Comerciante polo miúdo 2020, que foron quen de cubrir na súa
totalidade as prazas dispoñÃbeis. De feito, recibiron até a data
máis de 240 solicitudes de pemes e persoas autónomas interesadas en
tirar proveito das novas ferramentas para incrementar mercados,
competitividade e eficiencia. Os cinco programas están
co-financiados polo fondo europeo FEDER da Unión Europea, como
medida de apoio para facer fronte ao impacto económico da COVID-19.
Por
unha banda, o programa Innocámaras, no que participarán 26 pemes da
área coruñesa, está deseñado para contribuÃr á mellora da
competitividade das pequenas e medianas empresas mediante a adopción
de metodoloxÃas que permitan incorporar a innovación de modo
sistemático á súa actividade habitual.
O
programa de Competitividade TurÃstica, no que participarán 11
empresas, ten como obxectivo principal contribuÃr á mellora
competitiva do sector turÃstico, a través de medidas que establezan
as bases axeitadas para o seu desenvolvemento, fomentando a adopción
da cultura da innovación e o uso das TIC (TecnoloxÃas da
Información e a Comunicación).
Pola
súa banda, 26 empresas participarán no programa TICCámaras, co que
a Cámara achega solucións para mellorar a competitividade dos
negocios a través da incorporación de novas tecnoloxÃas, como
ferramentas de produtividade na nube, comercio electrónico ou
mercadotecnia dixital.
Son
10 as empresas que participarán no programa Ciberseguridade 2020,
centrado no desenvolvemento de plans de apoio á integración das
tecnoloxÃas de protección de datos e comunicacións nas pemes. O
programa inclúe unha primeira fase de servizos de diagnóstico
asistido en ciberseguridade e unha segunda de axudas para a
implantación. Esta actuación ten como obxectivo principal impulsar
o uso seguro e fiábel do ciberespazo, protexendo os dereitos e as
liberdades dos cidadáns e promovendo o progreso socio económico,
asà como maximizar as oportunidades que ofrecen para mellorar a súa
produtividade e competitividade.
Até
a data, 15 empresas xa se inscribiron no programa de Apoio ao
Comercio polo miúdo a través do cal a Cámara ofrece diagnósticos
individualizados mediante unha análise sistematizada do
establecemento, proporcionando ao comerciante unha serie de
recomendacións para a renovación e optimización da xestión do seu
establecemento.