Ve a luz un asistente galego para a compra de automóbiles

mércores, 27 de novembro do 2013 Marcus Fernández

Braulio acompañará ao usuario na busca de coche

A compra dun vehículo que se adapte aos nosos gustos, necesidades e posibilidades pode ser algo moi completo, e para solucionar esta problemática, o equipo detrás do blog galego Diariomotor estrea hoxe ¿Qué coche me compro?, un servizo en liña que, en base aos criterios que defina o usuario, amosará os coches que se adapten en función de orzamento, tipo, carrocería, tamaño e marca, permitindo incluso a comparación de vehículos para facilitar a elección de compra.
Este novo espazo web non só permite que consultemos a súa base de datos de vehículos, senón que tamén ten contidos de grande interese como un blog, distintas guías de compra e incluso unha sección de preguntas e respostas na que os usuarios poden expor as súas inquedanzas para recibir o consello de expertos. Na portada tamén destacan as mellores ofertas do mes, o que facilita que os visitantes poidan coñecer oportunidades de compra atractivas.

O novo espazo web facilítanos atopar vehículos que se adapten ás nosas necesidades