Vedra converte a vella estación de tren de Ribadulla nun centro innovador de emprendemento
venres, 28 de maio do 2021
As
persoas emprendedoras da contorna do concello de Vedra teñen un
importante recurso do que botar man para dar forma aos seus proxectos
dun xeito innovador e colaborativo (con outras persoas
emprendedoras). Trátase do Centro de Emprendemento A Estación de
Vedra, impulsado polo Concello, que informa que é a súa intención
solicitar a súa integración na Rede Provincial de Espazos de
Traballo xestionada pola Deputación da Coruña, da que forman parte
enclaves de coworking como o de Carballo, o de Boiro ou de
Ames (A Proa), por citar só algúns.
O
proxecto xa rematou todos os acondicionamentos necesarios e dará os
primeiros pasos o vindeiro mes de xuño. Salienta non só por terse
habilitado na antiga estación de tren de Santa Cruz de Ribadulla,
senón polo aproveitamento que fai das súas infraestruturas (o
espazo de traballo colaboratorio está emprazado nun vagón de tren).
O
proceso para reconverter a estación en espazo de innovación
empresarial durou 15 anos e foi posible grazas ao apoio de
diferentes organismos e estratexias, dende fondos nacionais,
europeos, mediante empresas e obradoiros de emprego.
E
cal é a finalidade do Centro de Emprendemento A
Estación? A súa meta é o fomento do emprego, a dinamización
do tecido empresarial do concello de Vedra, a difusión de
coñecementos, competencias e habilidades tecnolóxicas e de
mercadotecnia, ferramentas decisivas de cara a emprender e a poñer
en marcha novos negocios.
Cómpre
salientar que a iniciativa A
Estación xa foi premiada: un dos seus espazos máis
senlleiros, o vagón de coworking, recibiu a Mención á
sustentabilidade, galardón recollido polo arquitecto FermÃn
Blanco dentro do certame
Arquitectura e Rehabilitación de Galicia 2020.
E
seguindo cos recoñecementos, o vagón foi finalista nos premios Red
Clima, da Federación Española de Municipios e Provincias. O
galardón obtÃvose na categorÃa de Transición enerxética,
rexeneración e renovación urbana na que competiu coa Illa de
Menorca, que resultou gañadora.
Para
rematar engadir que o vagón coworking é un espazo eficiente
dende o punto de vista enerxético, pois aliméntase de enerxÃa
solar. Posúe tres espazos diferenciados que parten dun auditorio
para presentacións, continúan nunha sala de traballo e rematan
cunha sala de xuntanzas. Estamos perante unha peza histórica (Fiat
RENFE 593), un vagón que formou parte dunha partida encargada polo
estado español para os mundiais de fútbol do 82 e significou unha
revolución no transporte de pasaxeiros de media distancia.
