Artigos desta sección
O mando da PS3 incorporará vibración no outono
Sony confirmou que o mando da súa consola PlayStation 3 suplirá a súa principal carencia, ou sexa, que incorporará a vibración, función que tiña o tradicional mando da PS2 e que na PS3 estaba a botarse moi en falta por parte dos usuarios. Nun principio Sony tivera que eliminar a vibración do seu Sixaxis supostamente para poder incorporar tecnoloxía de (...)
Ler máisO videoxogo dos Simpson xa ten trailer
Trala presentación do xogo de Electronic Arts da familia Simpson pouco máis se sabía do mesmo agás que sairá no outono para PS3, PS3, PSP, Xbox 360, Wii e DS, pero grazas á celebración do E3 podemos ver cómo se verá este novo xogo, que prometer ser o mellor baseado nos personaxes que habitan a vila de Springfield. O xogo non estará inspirado na película que se (...)
Ler máisSpider-Man aliarase ós seus inimigos nun novo videoxogo que chegará no outono
Durante o E3 presentaron un novo xogo de Spider-Man que sairá para Xbox 360, PS2, DS, Wii, PSP e PC, de xeito que a meirande parte dos seguidores do lanzarredes máis popular dos comics de Marvel poderán ter a posibilidade de enfundarse nas mallas do heroe. Spider-Man: Friend or Foe (Spider-Man: Amigo ou Inimigo) permite que o trepamuros recrute aliados (...)
Ler máisA feira E3 serve de taboleiro de anuncios das novidades sobre videoxogos que chegarán durante o resto do ano
Do 11 ó 13 de xuño se celebra a feira do videoxogo en Los Ángeles, o E3, que comezou con presentacións de xogos por parte dos principais fabricantes, que anunciaron o que serán os videoxogos que chegarán ó mercado nos vindeiros meses. A apertura do E3 se converteu nunha toma de posicións dos máis importantes fabricantes para ver cal das súas plataformas gaña a (...)
Ler máisModifican o último xogo de Tomb Raider para ver a Lara Croft en topless
A última entrega do xogo de Tomb Raider que celebra o 10 aniversario da saga parece querer continuar fiel a vellos costumes, e así vén de aparecer un parche que modifica o xogo para amosar á protagonista, Lara Croft, parcialmente espida, ou sexa, en topless, o que se conseguiu sinxelamente substituíndo as texturas gráficas que se proxectan sobre a superficie (...)
Ler máisA serie de televisión Bleach terá videoxogos para Nintendo Wii e DS
No mes de setembro estrearase en España en formato DVD a serie de animación Bleach, que Sega tamén achegará ás consolas europeas Nintendo Wii e DS en 2008 en dous títulos diferenciados. Así, os usuarios da Nintendo Wii poderán empregar o seu Wiimando e o seu Nunchaku para xogar a Bleach: Shattered Blade que permitirá seguir a historia dende a perspectiva dos (...)
Ler máisJesús Vázquez achégase ó móbil no xogo oficial do concurso ¡Allá Tú!
Gameloft lanzou o videoxogo oficial para móbiles baseado no concurso televisivo ¡Allá Tú!, presentado polo ferrolán Jesús Vázquez. O xogo reproduce a trama do concurso, que pon a proba a capacidade de negociación do xogador mentres a banca valora as posibilidades do concursante de levar un bo premio, tralo que realiza ofertas para tentar ó xogador a abandonar. (...)
Ler máisDiscrepan sobre a consideración de que o xogo de Zelda é o mellor da historia
O número especial da revista EDGE que percorría os 100 mellores xogos da historia parece estar rodeado de polémica, pois se ven os 10 mellores xogos gozaban do recoñecemento do público, cando se amplía a listaxe as discrepancias vólvense enormes, especialmente ó ver que títulos clásicos moi respectados (coma Tetris) aparecen en malas posicións. Mesmo algún (...)
Ler máisNovo xogo de loita de Dragonball
As Bolas Máxicas resístense a desaparecer das nosas pantallas e, aparte de prepararse un xogo en liña para PC, os usuarios de PlayStation 2 e Nintendo Wii poderán xogar antes de rematar o ano a unha nova entrega dos Dragonball Z: Budokai Tenkaichi, que é xa a terceira, e que nalgúns países coma o Xapón responde ó nome de Dragonball Z: Sparking! METEOR. Polo (...)
Ler máisSon Goku chegará ó PC nun MMORPG
A serie de televisión Dragonball protagonizada repite o seu éxito nas consolas de videoxogos dende os tempos da SuperNintendo, e aínda continúa a dar excelentes títulos para PS2 e PS3, pero finalmente Son Goku e os seus amigos terán un xogo para PC, que será multixogador en liña. Dragonball Online será un MMORPG ambientado 216 anos despois dos feitos relatados (...)
Ler máis0 | ... | 7160 | 7170 | 7180 | 7190 | 7200 | 7210 | 7220 | 7230 | 7240 | ... | 7350
