Menu
PRINCIPAL
  • EMPRESASNovas sobre empresas TIC
      • Nexos 25 impulsa dous proxectos para responder á demanda de tecnoloxías avanzadas de mapeo e intelixencia (...)

        O programa Nexos 25 atende a crecente demanda de tecnoloxías avanzadas de mapeo, intelixencia (...)

        Vitae organiza en xuño unha nova xornada gratuíta sobre as utilidades da IA Xenerativa no software

      • Vitae achega en verán a 5ª edición do seu curso sobre IA Xenerativa para a selección de perfís (...)

        En xuño volve o curso de Vitae centrado na programación de aplicacións profesionais con IA

        Vitae mostra aos propietarios de produto como usar a IA para aumentar en axilidade

  • SubscríbeteAs nosas novas por e-mail
    • Subscríbete ao noso boletín

      En móbiles e tabletas

      Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.

      Redes sociais

             

  • Edición ImpresaA nosa revista en papel
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Recursos de busca

Artigos desta sección

A nova película de Harry Potter tamén chegará en forma de videoxogo

O mago máis popular do cine e da literatura volverá este verán ás grandes pantallas... e a moitas das pequenas, posto que a película Harry Potter e a Orde do Fénix contará con videoxogo propio que se achegará ós usuarios da meirande parte das plataformas de lecer electrónico, de xeito que as consolas portátiles (GameBoy Advance, Nintendo DS e PSP), as consolas (...)

Ler máis

Sony anuncia o seu propio Second Life para PS3

Sony anunciou durante a Game Developers Conference unha novidade coa que pretende darlle un pulo á súa PlayStation 3 (que non está cumprindo as súas expectativas de venda) que sería un mundo virtual que lembra a Second Life e responde ó nome de PlayStation Home. Esta nova plataforma permite ós usuarios o control dun avatar que lle permitirá interactuar con (...)

Ler máis

Tomb Raider celebra o seu 10º aniversario cun remake da súa primeira entrega

A saga protagonizada por Lara Croft e que mesmo levou as súas aventuras vén de cumprir 10 anos, e para celebrar o seu aniversario, Crystal Dynamics lanza un remake da primeira entrega para PC, PS2 e PSP. Así, en Tomb Raider: Anniversary podemos rememorar as aventuras da versión feminina de Indiana Jones máis popular, pero nun produto dunha calidade tal que (...)

Ler máis

A última actualización da PSP no Xapón permite acceder a través da Rede ós contidos gardados na PS3

Sony estreou no Xapón a versión 3.50 do firmware da súa consola portátil que sorprende ó incorporar unha funcionalidade chamada Remote Play que permite acceder a través da Internet a contidos audiovisuais da PlayStation 3 doméstica que conte coa versión 1.80 do seu firmware. Deste xeito, aínda que non se poida xogar remotamente, os usuarios da PSP poden ver (...)

Ler máis

Larry Laffer saltará ós móbiles

En 1987 apareceu o xogo Leisure Suit Larry in the Land of the Lounge Lizards (que contaría cun remake en 1991 e mesmo con 6 secuelas) no que o usuario tomaba o control de Larry Laffer á procura do amor, que é un dos poucos videoxogos para adultos que había naqueles tempos, o que lle outorgou unha sona importante e que agora Vivendi anuncia que levará do PC (...)

Ler máis

Un videoxogo en Flash permítenos boxear con quen máis rabia nos dea

Agora que en Galicia vimos de vivir unhas eleccións municipais moi movidas os ánimos están algo caldeados, polo que en vez de botar a lingua a pacer e criticar a políticos e veciños recomendamos ós nosos lectores que aproveiten o servizo dunha nova web xermana, PlayMyGame, que nos permite personalizar un xogo de boxeo coa cara do home ou muller que queiramos, (...)

Ler máis

Intel presenta un xogo para adestrar ós futuros xerentes de informática das empresas

Para os negocios tamén fai falta adestramento, e non só no que se refire á paciencia (santa) coa que temos que aturar unha boa parte das ordes dos nosos xefes. É dicir: que en moitas ocasións non chega con ter unha boa formación e con saber moito de informática para que conten contigo –por exemplo- nunha firma como xerente de informática. Para Intel, é (...)

Ler máis

Maradona protagoniza un divertido xogo en Flash

Os xogos en Flash resultan en moitas ocasións un divertimento sinxelo, efectivo e mesmo aditivo, polo que acadar certa sona tamén é habitual, como é o caso dun xogo desenvolvido por Peteco e publicado na web de El Mundo Deportivo, que nos permite meternos na pel de Diego Armando Maradona dándolle golpes a un balón (mediante o cursor do ordenador) para evitar (...)

Ler máis

Singstar Pop Hits 40 Principales convida a cantar éxitos musicais

Sony quere continuar a sacar proveito do éxito dos xogos de karaoke para PS2 baixo a marca Singstar, que pronto chegará tamén á PS3, pois acaba de estrear en España a oitava entrega desta serie (que xa vendeu 900.000 unidades en España e superou os 6 millóns de unidades a nivel europeo) que conta co apoio da radiofórmula do Grupo PRISA. O Singstar Pop Hits 40 (...)

Ler máis

A serie de televisión Perdidos se pode xogar no iPod

A serie televisiva Perdidos é un do éxitos máis importantes da televisión mundial dos últimos 3 anos, polo que a aparición dun xogo para móbil inspirado na serie e creado por Gameloft non sorprendeu a ninguén, pero que adapten este último para o reprodutor multimedia de Apple resulta máis rechamante. Así, os usuarios dos últimos iPod (tamén coñecidos coma 5G), (...)

Ler máis

0 | ... | 7190 | 7200 | 7210 | 7220 | 7230 | 7240 | 7250 | 7260 | 7270 | ... | 7350

Dinahosting hospeda este espazo web






Revista en PDF:

Descárgaa xa







AMTEGA
· Metaversos. Enfoque opensource - GaiásTech
· O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a ampliación do prazo para solicitar os bonos dixitais ata o 15 de decembro
· A Xunta destaca a importancia da concienciación dixital para crear un territorio conectado e seguro

Axencia Galega de Innovacion

O Portal da Lingua Galega







Código Cero

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

CONTACTO

  • Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
    Rúa das Hedras 4 1 M
    (Pol. Novo Milladoiro)
    15895 Ames - Milladoiro
  • 981 53 02 68
  • redaccion@codigocero.com

Premios

             

© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade