Vodafone acorda a compra de Ono por uns 7.2000 millóns de euros
venres, 14 de marzo do 2014
A semana pasada comentábase que
Vodafone terÃa pechado un acordo preliminar para a compra de Ono, e tras uns
dÃas de duras negociacións ante a inminente saÃda de Ono ao mercado bolsista
(no caso de non concretarse a operación) finalmente pechouse o acordo para a
compra de Ono por parte dos fondos de capital risco que controlan o accionariado
da cableira española, de xeito que venderase o 100% do capital da mesma
valorándoo nuns 7.200 millóns de euros (incluÃndo unha débeda de 3.400
millóns).
A partir de agora estanse a redactar os contratos de compra-venda que se
asinarán nos vindeiros dÃas, estando pendente a operación á autorización dos
reguladores, o que demorará a materialización do acordo uns meses
(descoñecéndose polo momento se tal decisión corresponderá á CNMC ou á área de
Competencia da Comisión Europea, dadas as dimensións da compra). Non se esperan
atrancos a este respecto, pois a cota de mercado conxunta de ambos negocios en
banda larga fixa e móbil non supón ningunha concentración de negocio alarmante.
Tras a operación Vodafone chegarÃa a 7 millóns de fogares aos que chegarÃa a través
de varias tecnoloxÃas, de xeito que segundo a zona poderÃa ofrecer acceso á
Rede a través de ADSL, de cable ou de fibra óptica.
