World of Kung Fu, novo xogo en liña de balde

xoves, 24 de xullo do 2008 Marcus Fernández

O vindeiro 1 de agosto se estreará un novo xogo masivo multiusuario coñecido coma World of Kung Fu, que xa leva uns meses en probas, e que sitúa ao participante nun contorno inspirado na cultura tradicional chinesa, con presenza tanto da súa mitoloxía coma dos valores de xustiza e heroísmo do Kung Fu.
Aínda que a ambientación sexa diferente, o xogo parece inspirado en World of Warcraft, coa diferenza de que este produto permite xogar de balde (aínda que tamén conta cunha modalidade avanzada para a que hai que pagar unha cota), o que agradecerán os amantes deste tipo de títulos.
O acabado do xogo parece máis que aceptable, polo que os que gusten dos xogos en liña para PC ou da cultura tradicional chinesa (e a práctica do Kung Fu) deberían probar este título que busca crear toda unha comunidade ao seu redor.


World of Kung Fu, un impresionante xogo multiusuario en liña que se pode xogar de balde

PUBLICIDADE