Artigos desta sección
Lámpada-cogomelo inspirada en Super Mario Bros
Os afeccionados ós xogos de Super Mario Bros teñen presente na súa mente iconas relativas ó seu heroico fontaneiro como as tartarugas (que había que esquivar no xogo) ou os cogomelos (que dotaban a Mario de poderes especiais ou vidas adicionais), polo que poderán acoller de bo grado as novas lámpadas que venden dende a hongkonesa tenda Brando. A USB Mushroom (...)
Ler máisUn accesorio achegará o GPS ó iPhone
Aínda que non é a aplicación máis demandada, ó comparar o iPhone con outros terminais de alta gama destácase a carencia de GPS, polo que PartFoundry xa ten un prototipo de módulo GPS que se poden conectar ó móbil de Apple e que se venderá a 89 dólares (uns 61,84 euros) no mes de febreiro. O curioso accesorio incorpora un chip SiRF Star III que é capaz de (...)
Ler máisVideocámara Airis para gravar 30 imaxes por segundo en alta definición
A empresa de informática e electrónica de consumo, Airis, vén de lanzar ó mercado a videocámara VC05HD, con capacidade para gravar, de xeito doado, até 30 imaxes por segundo en alta definición. Este dispositivo conta cunha pantalla xiratoria de 270 graos TFT LCD 3” que permite ver o que se está a gravar dende calquera ángulo así como cun sensor de imaxes de (...)
Ler máisAltofalante plano con conectividade Bluetooth
Gear4 anunciou o lanzamento do seu altofalante StreetParty Blue, que destaca polo seu elegante deseño e alta portabilidade. Este sistema de son usa tecnoloxía Bluetooth estéreo para reproducir música sen fíos que ó usarse con batería se converte nun dispositivo altamente transportable, xa que prescinde de todo tipo de cables durante o seu (...)
Ler máisOs deportes volverán á Wii con Sports Island
Konami anunciou que vai distribuír en Europa o xogo Sports Island para Nintendo Wii, que será un dos títulos deportivos que prometen arrasar en 2008 pola súa variedade de disciplinas deportivas incorporadas e a súa aparencia tan acorde coa consola de Nintendo. O xogo seguiría os pasos do Wii Sports, pero nesta ocasión os deportes incluídos será patinaxe (...)
Ler máisOs Power Rangers chegan á Nintendo DS
Hai un par de semanas os usuarios de PC e PS2 puideron achegarse a un novo videoxogo dos Power Rangers que vén de chegar na súa versión para Nintendo DS espallando a coleccións de xogos baseados nesta franquicia televisiva que xa ten 15 anos de vida. Power Rangers: Super Legends para Nintendo DS ofrece 24 misións con secuencias de intensos combates, moitos (...)
Ler máisMemoria USB de 32 Gb con tecnoloxía TurboUSB
As memorias USB están a medrar constantemente en capacidade, e durante o Consumer Electronics Show que terá lugar en Las Vegas a primeiros de xaneiro o fabricante Buffalo amosará a súa memoria de 32 Gb, que non só destaca polo seu almacenamento, senón que incorpora a tecnoloxía TurboUSB que segundo a empresa incrementaría a velocidade de acceso con respecto a (...)
Ler máisDous galegos gañan un campionato mundial de World of Warcraft
O Championship Gaming Series (CGS) celebrado en Los Ángeles nos pasados días congregou a xogadores de todo o mundo que mediron a súa pericia en distintos xogos, pero que no categoría de 2 contra 2 do World of Warcraft: Burning Crusade sorprendeu cunha vitoria galega. O equipo wts skill, composto por Francisco Javier Fearwar de la Peña Ojea e Néstor (...)
Ler máisSuper Talent leva os seus discos SSD ós 256 Gb de capacidade
A capacidade dos discos de memoria sólida (SSD) está a medrar a toda velocidade para substituír ós discos duros tradicionais en dispositivos móbiles mellorando a súa autonomía, tamaño, peso e velocidade, e o fabricante Super Talent quere ser un referente nos novos discos comercializando discos SSD de ata 256 Gb con interface SATA. O novo disco de Super Talent (...)
Ler máisOs eurodeputados danlle o visto bo ó Imperium Civitas como ferramenta educativa
Por primeira vez, o órgano máis importante da Unión Europea, o Parlamento Europeo, vén de abrir as portas a unha iniciativa que, baixo o lema Aprende xogando coa Historia, quere amosar que os videoxogos (amais de divertir) poden ser eficaces ferramentas de transmisión de coñecementos e de estimulación para a aprendizaxe, especialmente entre os máis novos. O (...)
Ler máis0 | ... | 12400 | 12410 | 12420 | 12430 | 12440 | 12450 | 12460 | 12470 | 12480 | ... | 13030