Comproban que os novos MacBook Pro superan os 100º de temperatura
martes, 27 de abril do 2010
Mellorar a
potencia dos ordenadores portátiles non sempre é unha boa idea, ou iso parece
se atendemos a unha análise que fixeron dos novos MacBook Pro con pantalla de
17 polgadas e procesador Intel Core i7, posto que ao facer un uso intensivo
destes ordenadores a
temperatura que acada o seu microprocesador en condicións extremas poderÃa
superar os 100º C, superando en máis de 20º C ao seu equipo
predecesor, de xeito que a súa disipación de calor a través da súa carcasa de
aluminio fai imposible e mesmo perigoso colocar o equipo sobre as pernas do
usuario e incluso suxeitalo pola súa parte inferior.
Ao parecer hai equipos portátiles con procesadores semellantes que non elevan
tanto a súa temperatura por contar con carcasas de maior grosor,
favorecendo a circulación de aire, pero
o que parece claro é que Apple deberá repensar o deseño dos seus MacBook Pro
máis rápidos se non queren que pasen a ter sona de servir para preparar a
comida.
- Un dos resultados das probas desenvolvidas cos novos MacBook Pro