Nedgia lanza un ecommerce para a contratación en liña de servizos

mércores, 23 de decembro do 2020 Redacción

Nedgia, a distribuidora de gas do grupo Naturgy, vén de lanzar un servizo de ecommerce para a contratación online de subministro de gas natural. Segundo informa a operadora eléctrica de raíz galega, o servizo foi concibido para ser útil, simple e seguro: “Con só uns pasos, o cliente poderá solicitar en liña o fornecemento de gas natural a través dun sinxelo formulario que lle irá guiando durante todo o proceso”.
Asi, tras introducir o usuario o enderezo e o código postal, a experiencia irase axustando á situación personalizada de cada cliente para que poida realizar a solicitude de conexión, a instalación do gas natural e a posta en servizo.
Este novo ecommerce, explica a empresa eléctrica, “pon aos clientes en contacto cunha extensa rede de instaladores e centraliza as súas ofertas para que escollan a opción que máis se axuste ás súas necesidades”. Ademais, as usuarias e usuarios poderán xestionar a súa solicitude dixitalmente, evitando a descarga de documentación en papel e simplificando os procesos de firma e contratación.


PUBLICIDADE