O Concello de Touro lanza en abril dez obradoiros tecnolóxicos para dixitalizar a veciñanza

venres, 5 de abril do 2024 S. P.

O Concello de Touro achega esta tempada novas formacións tecnolóxicas para incrementar os coñecementos e as habilidades da veciñanza das parroquias coas novas ferramentas, cada vez máis presentes en todos os aspectos das nosas vidas. O programa, inserido na estratexia estatal contra o despoboamento e a favor da dixitalización INECO Rural TIC, inclúe dez obradoiros a desenvolver este mes de abril, entre os días 15 e o 26.
A formación de Touro centraranse na seguridade dixital, na formación no uso das novas tecnoloxías e en como reducir as reticencias de certa poboación a estas tecnoloxías. O obxectivo é “superar a barreira tecnolóxica, aumentar a autonomía persoal e reducir a brecha social”.
Nos vindeiros días o Concello publicará o cartel específico de cada taller para informar dos horarios e aportar máis detalles.
Unha parte estará dirixida á poboación en xeral, sobre todo a mozos e adultos, e outra, ás pequenas e medianas empresas.
Abordarase como levar a cabo, entre outras accións, os trámites na Seguridade Social, como usar a banca dixital, como solicitar citas médicas de maneira online, as distintas ferramentas de negocio, a seguridade en Internet ou as redes sociais.

PUBLICIDADE