O C-Lab de Samsung amosará interesantes innovacións tecnolóxicas no CES
mércores, 30 de decembro do 2015
A celebración do CES en Las Vegas entre os dÃas 6 e 9 de
xaneiro vai servir de escaparate para moitas tecnoloxÃas, e Samsung quere
aproveitar a cita para amosar
ao público por primeira vez tres dos proxectos do seu laboratorio creativo
(C-Lab) que son bastante rechamantes e con claras aplicacións prácticas: un
cinto monitorizador, un sistema de control para a realidade virtual e unha
solución para empregar o propio corpo do usuarios para transmitir son.
O WELT é un produto wearable que
podemos considerar revolucionario polo feito de ser unha solución de saúde
electrónica que resulta practicamente invisible xa que adopta a forma dun
cinto, que agocha tecnoloxÃa de monitorización da nosa saúde, sendo capaz de
rexistrar no son o contorno da nosa cintura, senón os hábitos alimenticios e o
tempo que pasamos sentados, para analizar logo o resultado e axudar logo a
coidar da nosa saúde e controlar o noso peso.
Como 2016 vai ser o ano no que cheguen ao mercado varias solucións de realidade
virtual, Samsung preparou rink, un controlador que se leva nas mans, e que
facilita a interacción co mundo virtual, que poderÃa empregarse para xogos ou
para controlar intuitivamente contidos do mundo virtual, incrementando a
inmersión da realidade
virtual móbil pola que Samsung aposta con dispositivos como as Gear VR.
O produto máis atractivo que o C-Lab presentará no CES parece ser o TipTalk,
que permitirÃa que accesorios conectados como o smartwatch Samsung Gear S2,
puidesen transmitir o seu audio sen auriculares, chegando con que o usuario
premese o seu ouvido cun dedo, de xeito que o propio corpo empregarÃase para a
transmisión sonora, permitindo asà poder atender unha chamada telefónica nun
ambiente ruidoso ou para escoitar texto convertido a voz.
Esta nova tecnoloxÃa será doada de empregar na práctica, xa que déronlle a
forma dunha correa de reloxo, o que facilitarÃa a súa integración en
smartwatches ou incluso reloxos tradicionais, podendo sincronizarse con smartphones
para gozar dunha alternativa discreta e curiosa ao auricular do teléfono.
- O TipTalk permite empregar o dedo do usuario a xeito de auricular