A Coordinadora Galega de ONGD organiza un obradoiro sobre as vantaxes da Rede para os movementos solidarios

mércores, 11 de abril do 2007 Fernando Sarasketa

Como tirarlle proveito real e efectivo á Internet no senso de achegar unha entidade solidaria sen ánimo de lucro ó mundo e que o mundo se achegue a ela? Responder a esta pregunta e a outras semellantes é o obxectivo da Coordinadora Galega de ONGD, quen, contando co patrocinio da Dirección Xeral de Cooperación Exterior e a colaboración da Universidade de Santiago, organiza os días 20 e 21 de abril un obradoiro sobre as novas tecnoloxías aplicadas á comuniación: As mellores ferramentas de Internet para a comunicación na miña entidade.
O encontro formativo (e informativo) celebrarase na Facultade de Dereito da USC, na aula AI-1 e contará coa participación educativa da Fundación Chandra, cunha duración de 12 horas. A inscrición é de balde, e pódesese facer a través desta conta de correo electrónico antes do 18 de abril: coordinadora_1@galiciasolidaria.org.
No e-mail que se achegue deberá constar o nome completo, o DNI, o enderezo, o e-mail, o teléfono, estudos, ocupación laboral e, de ser o caso, a organización á que se pertence. Cómpre subliñar que é preciso ter conta de correo en Gmail para participar no obradoiro.

PUBLICIDADE