A Coruña acolle un evento de introdución a SeedSigner
luns, 20 de marzo do 2023
O vindeiro dÃa 30
ás 19:30 as oficinas de WekCo, na Avda. Novo Mesoiro da Coruña acolle a
celebración dun evento da
comunidade Bitcoin 2140 A Coruña no que explicarán como mellorar a seguridade
dos bitcoins empregando SeedSigner, un dispositivo de sinatura bitcoin deseñado
por ser construÃdo por un mesmo e que axuda a crear claves privadas sen
confianza e reduce custos en hardware para billeteiras multifirma.
No encontro explicarase como conseguir os compoñentes, como funciona e como evitar
os erros habituais que se comenten cando un se inicia en SeedSigner.
Os interesados en participar na comunidade organizadora da cita poden sumarse á súa canle de Telegram.