O SeaMonkey 2.0 estréase con versión oficial en galego

martes, 27 de outubro do 2009 Marcus Fernández

Mozilla presentou hoxe o lanzamento da versión 2.0 de SeaMonkey, aplicación que aplica ao Firefox 3.5 os principios do Netscape Communicator, combinando nun mesmo programa navegador web, cliente de correo electrónico e grupos de novas, cliente de IRC, editor de HTML e ferramentas de desenvolvemento web, que desta volta desta por contar cunha versión oficial en galego para Windows, Mac OS X e Linux.
A nova entrega de SeaMonkey mellorou a lectura de canles, modernizou a súa imaxe, incorpora a posibilidade de recuperar sesións tras un peche inesperado ou reinicio, emprega separadores no correo, permite as actualizacións automáticas e as buscas intelixentes no historial dende a barra de enderezo, fai uso dun motor de JavaScript máis rápido e inclúe características de HTML5, entre outras novas prestacións.

PUBLICIDADE