Código Cero - Diario Tecnolóxico de Galicia
SPIP | esqueleto | | Mapa do web | Seguir a vida do web RSS 2.0

Un libro aborda a degradación das plataformas dixitais ou merdificación


A editorial Capitán Swing publicará o vindeiro 23 de marzo a edición en español de Mierdificación. Qué hacer ante la apropiación de Internet por las grandes tecnológicas, o ensaio no que o escritor e activista canadense Cory Doctorow analiza a deterioración progresiva dos servizos dixitais e o poder crecente das grandes plataformas tecnolóxicas.

[ler máis]

YouTube convértese na maior empresa de medios do mundo tras superar a Disney


YouTube consolidou en 2025 unha posición histórica dentro da industria do entretemento ao converterse na maior empresa de medios do mundo por volume de negocio. Así o conclúe a firma de análise financeira MoffettNathanson, que estima que a plataforma de vídeo propiedade de Google superou os ingresos do negocio mediático de The Walt Disney Company durante o pasado exercicio.

[ler máis]

Invincible VS abre beta pública en abril


O xogo de loita Invincible VS, inspirado na popular serie de cómics creada por Robert Kirkman e na súa adaptación televisiva para Amazon Prime Video, prepara o seu lanzamento en PlayStation 5 e Xbox Series X|S cunha beta aberta que permitirá aos xogadores probar anticipadamente parte da experiencia. Esta versión de proba estará dispoñible entre os días 9 e 12 de abril e incluirá unha selección de dez personaxes xogables, ademais de varios modos centrados no combate en liña.

[ler máis]

A Xunta e FEGAMP xuntan forzas contra o ciberacoso


O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, e o presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), Alberto Varela, veñen de asinar a constitución da nova Rede de Concellos contra o Acoso Escolar, que nace co obxectivo de fortalecer a coordinación entre institucións para a sensibilización, prevención e actuación ante calquera problemática deste tipo.

[ler máis]

A XII FIRST LEGO League Galicia reúne este sábado a máis de 450 estudantes no Campus de Ferrol


A Universidade da Coruña (UDC) organiza a décimo segunda edición da FIRST LEGO League Galicia (FLL Galicia), o vindeiro sábado 14 de marzo, entre as 9.00 e as 19.00 horas, no Campus Industrial de Ferrol. Desta volta participan un total de 53 equipos (32 na categoría FLL Challenge, 19 na FLL Explore e 2 na FLL Discover) e máis de 450 mozos/as de distintos puntos de Galicia e de Asturias. O evento, coordinado polo profesor da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), José Antonio Becerra, poderá seguirse en directo a través da canle de YouTube da FLL Galicia.

[ler máis]

O CPEIG convoca a 17ª edición do Premio Traballo Fin de Máster en Enxeñaría Informática


O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) convocou a décimo sétima edición do Premio Traballo Fin de Máster en Enxeñaría Informática. O galardón, que será entregado no marco da XVIII Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia o vindeiro 12 de xuño en Santiago (no Hotel OCA Puerta del Camino), quere ser un estímulo para os estudantes e titulados recentes no Máster en Enxeñaría en Informática.

[ler máis]

OpenAI impulsa a aprendizaxe STEM con explicacións visuais interactivas en ChatGPT


OpenAI deu un novo paso na integración da intelixencia artificial na educación STEM ao incorporar explicacións visuais dinámicas para máis de 70 conceptos fundamentais de matemáticas e ciencias dentro de ChatGPT. A funcionalidade, dispoñible globalmente para todas as modalidades do servizo, busca transformar a comprensión de contidos tradicionalmente abstractos mediante módulos interactivos que permiten manipular variables e observar en tempo real como cambian fórmulas, gráficos e relacións matemáticas .

[ler máis]

O Clúster TIC abre un concurso interno para deseñar unha plataforma de servizos integral


O Clúster TIC Galicia vén de abrir un concurso interno, dirixido aos seus socios, para a contratación do deseño e implementación dunha plataforma que permita centralizar os principais servizos da entidade. Esta solución despregarase integramente en infraestrutura on premis, a través dos servidores do Centro de Servizos Avanzados da Cidade das TIC, e actuará como base do primeiro Xemelgo Dixital do sector TIC galego.

[ler máis]

Gradiant aspira a crear a súa quinta spin-off cun proxecto de criptografía financeira avanzada


O Centro Tecnolóxico Gradiant foi un dos grandes protagonistas do acto de presentación de proxectos de Ignicia (GAIN) do que informamos este martes 10 de marzo. No transcurso da cita o centro vigués compartiu os detalles de varios proxectos, entre os que se atopa Qryption, que supón o quinto Ignicia concedido a Gradiant, e que ten como obxectivo “mellorar a xestión e a protección dos activos criptográficos nas entidades financeiras”.

[ler máis]

O xogo galego Colours inicia a súa renovación


En 2015 Axóuxere Games lanzou para Android o seu xogo Colours, e decidiron celebrar os seus máis de dez anos de vida retomando esta creación e iniciando unha etapa de transformación centrada na modernización da súa identidade, a súa base tecnolóxica e a súa proposta creativa, seguindo un plan estruturado en varias etapas que se desenvolverán progresivamente ao longo dos vindeiros anos.

[ler máis]

A UDC (CITENI) e a UVigo crean un trebello tecnolóxico que detecta a orixe do radon en interiores


Persoal investigador do CITENI da Universidade da Coruña vén de lograr a concesión da patente dun sistema e método de localización de fontes emisoras de radon en interiores. Desenvolvida en colaboración entre a UDC, a UVigo e o CUD-ENM, permite identificar con precisión as entradas do gas radon en interiores: un gas ionizante moi presente en Galicia (polos solos graníticos) que é prexudicial para a nosa saúde.

[ler máis]

Novos altofalantes de Sonos


Tras un par de anos sen lanzar novos produtos, Sonos presenta dous novos altofalantes co obxectivo de reforzar o catálogo de sistemas de audio: os Sonos Play e Sonos Era 100 SL. Chegan cun enfoque centrado na simplicidade de uso e na integración dentro do sistema multiroom da compañía, permitindo crear unha experiencia sonora conectada que pode ampliarse progresivamente por toda a casa.

[ler máis]

O marzo do 68 revive en Compostela cunha aventura interactiva e paseos guiados


A concelleira de Memoria Histórica de Santiago, Míriam Louzao, presentou dúas iniciativas que recuperan a historia das protestas estudantís do 68 na cidade baixo o selo Compostela é memoria. Trátase do proxecto interactivo Antes de maio e o paseo guiado Venceremos nós, que convidan a revisitar os acontecementos desde novas perspectivas.

[ler máis]

Nove proxectos punteiros de investigación dan o chimpo ao mercado co apoio de Ignicia


O conselleiro de Educación e Ciencia, Román Rodríguez, acompañado da directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Carmen Cotelo, participou na presentación dos nove proxectos seleccionados na última convocatoria Ignicia Proba de Concepto. Lembraron que a estas iniciativas o Goberno galego destina 4 millóns de euros que “permitirán xerar emprego de calidade”.

[ler máis]

O portal Proxector escolma unha ducia de vídeos sobre a perspectiva de xénero na investigación


A entrega de marzo de Proxector, portal web de divulgación en lingua galega que elaboran o Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia (CDSG) coa Universidade de Santiago de Compostela (USC), céntrase na Perspectiva de xénero na investigación: cara a unha ciencia de calidade.

[ler máis]

Presentado en Expourense o proxecto galego-portugués Digital Expo


Expourense acolleu este martes 10 de marzo a primeira reunión de socios do proxecto Digital Expo, unha iniciativa de cooperación transfronteiriza orientada á modernización e transformación dixital dos recintos feirais e centros expositivos da Eurorrexión Galicia–Norte de Portugal.

[ler máis]

R terá acceso aos servizos 5G máis avanzados tras o acordo de MasOrange con Ericsson


A clientela do operador galego R poderá beneficiarse dunha nova xeración de servizos móbiles tras o acordo estratéxico asinado polo grupo MasOrange coa multinacional sueca Ericsson para modernizar a súa infraestrutura de rede. A alianza permitirá desenvolver unha plataforma unificada de datos 5G para todas as marcas do grupo e facilitará o lanzamento de novos servizos baseados nesta tecnoloxía.

[ler máis]

Telefónica instalará en Compostela un laboratorio e centro demostrador de ciberseguridade


A Xunta de Galicia vén de adxudicar a Telefónica a posta en marcha dun laboratorio e centro demostrador de ciberseguridade en produtos con elementos dixitais que se instalará inicialmente en Santiago de Compostela. O proxecto, impulsado a través da AMTEGA, ten como finalidade anticipar os retos de seguridade dixital aos que se enfrontan as institucións, as empresas e a cidadanía galega, ao tempo que servirá como espazo para experimentar coas tecnoloxías máis avanzadas neste ámbito.

[ler máis]

Máis de 6.500 alumnos de Bacharelato realizan as probas de competencia dixital


A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, supervisou hoxe no Instituto Eduardo Pondal de Santiago de Compostela o desenvolvemento das probas de competencia dixital dirixidas ao alumnado de Bacharelato. Ao longo desta semana, máis de 6.500 estudantes de 2º de Bacharelato realizan nos seus propios centros estes exames promovidos pola Xunta de Galicia co obxectivo de acreditar o seu nivel de coñecementos e habilidades no ámbito dixital.

[ler máis]

Presentado en Corrubedo (Ribeira) o 1º museo virtual dun parque natural galego


A Consellería de Medio Ambiente presentou esta mañá o que sería o primeiro museo virtual dun parque natural galego, cuxo obxectivo é “achegar o patrimonio ambiental e cultural á cidadanía a través de espazos dixitais interactivos”.

[ler máis]


· Un libro aborda a degradación das plataformas dixitais ou merdificación

· YouTube convértese na maior empresa de medios do mundo tras superar a Disney

· Invincible VS abre beta pública en abril

· A Xunta e FEGAMP xuntan forzas contra o ciberacoso

· A XII FIRST LEGO League Galicia reúne este sábado a máis de 450 estudantes no Campus de Ferrol

· O CPEIG convoca a 17ª edición do Premio Traballo Fin de Máster en Enxeñaría Informática

· OpenAI impulsa a aprendizaxe STEM con explicacións visuais interactivas en ChatGPT

· O Clúster TIC abre un concurso interno para deseñar unha plataforma de servizos integral

· Gradiant aspira a crear a súa quinta spin-off cun proxecto de criptografía financeira avanzada

· O xogo galego Colours inicia a súa renovación

· A UDC (CITENI) e a UVigo crean un trebello tecnolóxico que detecta a orixe do radon en interiores

· Novos altofalantes de Sonos

· O marzo do 68 revive en Compostela cunha aventura interactiva e paseos guiados

· Nove proxectos punteiros de investigación dan o chimpo ao mercado co apoio de Ignicia

· O portal Proxector escolma unha ducia de vídeos sobre a perspectiva de xénero na investigación

· Presentado en Expourense o proxecto galego-portugués Digital Expo

· R terá acceso aos servizos 5G máis avanzados tras o acordo de MasOrange con Ericsson

· Telefónica instalará en Compostela un laboratorio e centro demostrador de ciberseguridade

· Máis de 6.500 alumnos de Bacharelato realizan as probas de competencia dixital

· Presentado en Corrubedo (Ribeira) o 1º museo virtual dun parque natural galego

· O Plan Director do Goberno levou a importancia da ciberseguridade a máis de 26.500 estudantes de Lugo

· A Xunta colabora coas pemes na mellora das capacidades de resposta fronte aos retos da ciberseguridade

· Vitae achega en abril un curso de doce horas sobre as vantaxes da comunicación interpersoal

· InprOTech desprega o novo Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial da Xunta

· Adxudicada en 205.000 euros a app que xestionará a información turística de Vilagarcía

· O Concello da Coruña achega máis formación tecnolóxica para fomentar a inserción laboral

· Detectan que a PlayStation Store está a probar unha política de prezos dinámicos

· O CITIC acolle un obradoiro sobre como usar a IA para materializar prototipos funcionais

· A RØDECaster Video Core fai máis accesible a realización audiovisual

· Jay Graber deixa a dirección executiva de Bluesky